O Concello de Vilalba rexenera a pista entre Maciñeiro e Viladónega, en Corvelle

TerraChaXa
Ten unha lonxitude aproximada de 600 metros e foi necesaria a rexeneración completa da capa de rodaxe
arranxo-de-vias-en-corvelle
A alcaldesa visitando as obras
5 Xul 2024

O Concello de Vilalba vén de informar da finalización dos traballos de rexeneración levados a cabo polos dous equipos do parque móbil da Deputación de Lugo sobre a estrada que une o barrio do Maciñeiro co de Viladónega, na parroquia de Corvelle.

En concreto, trátase dunha pista dunha lonxitude aproximada de 600 metros na que foi necesaria a rexeneración completa da capa de rodaxe. Así pois, para proceder á súa rexeneración foi precisa a aplicación de dúas capas de rego asfáltico e tres tipos de áridos de diferentes grosores, acentuándose as actuacións nas zonas máis deterioradas.

Ademais, co obxectivo de asegurar o mantemento futuro dos traballos levados a cabo, o equipo de terra do parque móbil da Deputación de Lugo desprazouse previamente ata Corvelle para limpar e abrir as cunetas da pista e así obter un resultado final óptimo de cara á chegada das choivas.

Nesa liña, a alcaldesa, Marta Rouco, salientou "a gran extensión da rede viaria do noso concello, que dificulta o acondicionamento total de todas as pitas do municipio", polo que, tal e como afirmou Rouco "estanse priorizando as vías en peor estado, co obxectivo de actuar no maior número de parroquias posibles para intentar que as melloras cheguen a todos os veciños e veciñas".

0.12968993186951