O Concello de Vilalba rexenerará a estrada de "Cartas" en decembro

TerraChaXa
O proxecto, aprobado por unanimidade no Pleno, contará cun investimento de 34.415 euros
Imaxe da estrada de _Cartas_
16 Nov 2024

O Vicealcalde de Vilalba, Modesto Renda, anunciou que a adxudicación das obras para a rexeneración do vial coñecido como a estrada de "Cartas", que conecta os barrios do Cal da Pena, Vilariz e o Carboeiro, será efectiva na primeira semana de decembro.

Segundo explicou, o proxecto de obra foi aprobado por unanimidade no Pleno e financiado mediante unha modificación orzamentaria sometida a 15 días hábiles de exposición pública. Este procedemento marcou o calendario para a formalización da adxudicación.

Renda destacou o lamentable estado do vial e confirmou que se levará a cabo unha rexeneración completa do tramo comprendido entre a estrada provincial LU-P-6510, no seu paso por Oleiros, e o límite da parroquia con Pino (Cospeito).

O custe total da intervención ascende a 34.415 euros. Este proxecto enmárcase dentro dos esforzos para mellorar as infraestruturas rurais no concello de Vilalba.

 

0.16531896591187