O Concello de Vilalba rexenerará a estrada que une tres barrios de Oleiros

TerraChaXa
A obra adxudicarase xa na primeira semana de decembro
renda-obras-agadin
17 Nov 2024

O tenente de alcalde Modesto Renda anunciou a vindeira renovación dunha nova vía en Oleiros. Máis concretamente, trátase da que une os barrios de Agadín, o Abeledo e a Granda, ata o seu remate na estrada de titularidade provincial LU-P-6501.

A obra adxudicarase xa na primeira semana de decembro, polo que o investimento total do Concello en Oleiros no que vai de lexislatura suma 142.925 euros, segundo explicou.

"A renovación e a mellora deste esquecido vial era un compromiso coa parroquia, toda vez que se anunciara a rexeneración do de Cartas. Estas foron as dúas obras máis solicitadas pola veciñanza na reunión que celebramos na Casa Escola e a nosa obriga como Goberno é actuar", explicou Renda.

0.19705319404602