O Concello de Vilalba superará o millón de euros en investimentos no rural en dous anos de mandato

O tenente de alcalde de Vilalba, Modesto Renda, anunciou un Plan de Obras nas parroquias por valor de 278.343 euros para o que resta de anualidade 2025.
Trátase dun novo investimento co que o Concello superará en só dous anos de mandato, o millón de euros de inversión neta no rural.
Tal e como avanzou Renda, rexeneraranse por completo ata 20 camiños de titularidade municipal nas parroquias de Santaballa, Tardade, Codesido, Sancovade, Oleiros, Román, Belesar, Rioaveso, A Torre, San Simón, Distriz, Martiñán, Ladra, Corvelle Carballido, Insua, Lanzós, Gondaísque, Boizán e Goiriz.
Dende o inicio da lexislatura executáronse no rural 787.000 euros en múltiples obras, fundamentalmente, na renovación e mellora da rede viaria municipal. Coas vindeiras, o Goberno de Vilalba acadará o 1.063.343 euros coincidindo co ecuador do mandato.