O Concello de Vilalba vala outra vivenda en estado ruinoso do centro

TerraChaXa
O Concello de Vilalba continuará coa iniciativa de manter a seguridade dos veciños ante o risco de derrumbe das edificacións en estado ruinoso da vila.
69250534_2438638549688801_6294063586314551296_o
19 Ago 2019

O Concello de Vilalba continuará coa iniciativa de manter a seguridade dos veciños ante o risco de derrumbe das edificacións en estado ruinoso da vila.

Así, colocou estes días un peche pemiteral de seguridade nun edificio situado na rúa do Sol, que se atopa actualmente en moi mal estado e que pode ter o risco de derrube.

O concello indicou que xa iniciaron os trámites para notificar a situación aos propietarios do edificio e que se farán cargo de solventar a situación se os propietarios non se fan cargo.

Esta é a segunda intervención neste sentido xa que a primeiros de mes valaron outro edificio na rúa Roxeira, que implicou o peche do tráfico rodado na zona.

0.18877196311951