O Concello de Viveiro aceptou 188 solicitudes de axudas a empresas e autónomos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro informa da publicación no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Viveiro do listado elaborado pola Comisión de Valoración, previo á elaboración da proposta de acordo de resolución, con respecto ás solicitudes presentadas para a Liña de axudas a autónomos, microempresas, pequenas empresas, comunidades de bens, sociedades civís ou entidades económicas empresariais, cofinanciadas co Plan Único 2020 da Deputación de Lugo e froito dun acordo entre o goberno municipal e o grupo Por Viveiro.
30 sep 2020

Este listado inclúe unha relación coas 188 solicitudes completas que cumpren os requisitos establecidos nas bases.

Inclúe tamén outra relación coas 77 solicitudes que non cumpren os requisitos establecidos nas bases, indicando o motivo da exclusión. Ás solicitudes referidas neste punto que non cumpren cos requisitos establecidos nas bases outórgaselles o prazo de dez días hábiles para que aleguen o que no seu dereito consideren oportuno. O prazo de subsanación e alegacións empezará a computar a partir do día seguinte á publicación no taboleiros de edictos dixital.

Finalmente, inclúe unha relación coas 98 solicitudes que non achegaron a totalidade da documentación requirida no punto 9 das bases, con indicación da documentación requirida. Ás solicitudes referidas neste punto que non achegaron a documentación requirida outorgaraselles o prazo de dez días hábiles para que subsanen a súa solicitude e presenten a documentación requirida. O prazo de subsanación e alegacións empezará a computar a partir do día seguinte á publicación no taboleiro de edictos dixital.

0.1159131526947