O Concello de Viveiro cancela as festas e eventos previstos para o verán

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro vén de adoptar a decisión de cancelar as festas organizadas polo concello nos meses de xullo e agosto, entre as que se inclúen o Mercado Renacentista e as Festas do Verán, así como todos os eventos e celebracións vinculadas á súa programación, como son, entre outras, as Feiras do Libro e de Artesanía, o Festival de Corais ou a Mostra Folclórica.
22 May 2020

O Concello de Viveiro vén de adoptar a decisión de cancelar as festas organizadas polo concello nos meses de xullo e agosto, entre as que se inclúen o Mercado Renacentista e as Festas do Verán, así como todos os eventos e celebracións vinculadas á súa programación, como son, entre outras, as Feiras do Libro e de Artesanía, o Festival de Corais ou a Mostra Folclórica.

Dende o concello falouse coa organización da Mostra Folclórica e tamén consideran que este ano, tendo en conta a situación a nivel nacional e internacional derivada da pandemia, non se podía celebrar.

Con respecto ás demais festas que non son organizadas polo concello, que requiren da autorización municipal, valorarase a situación nese momento e no caso de considerar que existe algún perigo para a saúde pública dos nosos veciños e veciñas, loxicamente non se poderán celebrar.

O Concello tomou esta determinación tendo en conta a situación actual e as características propias dos eventos referidos, por responsabilidade e priorizando a seguridade e a saúde pública por riba de calquera outra cuestión, tendo en conta que non se pode garantir o cumprimento das recomendacións sanitarias e de hixiene, a distancia de seguridade establecida para combatir a propagación do virus ou as limitacións de aforo.

Estase traballando en alternativas, pero sempre dentro das posibilidades, dependendo das medidas que estableza o goberno e segundo se vai pasando de fase e atendendo á evolución da pandemia.

“Neste momento consideramos que o máis importante é continuar avanzando nas fases da desescalada e ir recuperando paulatinamente tanto a nosa vida cotiá como a actividade económica, buscando alternativas que poidan adaptarse ás circunstancias actuais, sen esquecer que continúa sendo prioritario minimizar o risco de contaxios, extremar as precaucións e cumprir de maneira exhaustiva as medidas establecidas polas autoridades competentes”, explica a alcaldesa, María Loureiro.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16256403923035