O Concello de Viveiro comeza as obras de mellora de camiños en Landrove
O Concello de Viveiro continúa co seu plan de ampliar, acondicionar e conservar a rede de camiños de titularidade pública.
Por iso, dende o goberno municipal infórmase aos veciños e veciñas de Viveiro que a esta semana comezarán as obras incluídas no proxecto denominado Proxecto para a mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas, mediante as que acometará a mellora do firme das pistas da Igrexa e de Portociño, en Landrove.
Os viais obxecto deste proxecto posúen un firme envellecido polo tráfico soportado e a entrada de augas pluviais nas plataformas dos camiños, que provocan arrastres importantes de material do firma.
As obras que se pretenden realizar nos devanditos camiños consisten en actuacións de mellora, mediante o reforzo do firme coa incorporación de novas capas máis axustadas ás características do tráfico rodado que soportan, e de mantemento, tanto do firme existente mediante bacheo de determinadas zonas como de mantemento das marxes dos camiños mediante a limpeza das cunetas.