O Concello de Viveiro fai un balance positivo no control da gaivota patiamarilla
Tras a implantación do servizo de control da gaviota patiamarilla, dende o Concello de Viveiro quérese facer balance e dar conta dos datos derivados do mesmo. A empresa que está a realizar estes traballos traslada que o balance destes meses é totalmente positivo e que están realmente sorprendidos da gran cantidade de chamadas que eles tiveron e dos avisos remitidos dende o concello; isto é unha mostra da boa acollida do servizo.
A día de hoxe teñen rexistradas 160 parellas, unha cifra que supera as expectativas existentes e que probablemente aumente ao final do servizo, cando se revisen a totalidade dos datos recollidos.
Despois de realizar unha primeira e segunda visita, a empresa contratada para este servizo retirou un total de 295 niños, 510 ovos e 138 polos; neste momento, o servizo está realizando a segunda vista os tellados xa revisados e, en breve, comezarán coa terceira visita de seguimento.