O Concello de Viveiro fixo unha formación sobre o coronavirus aos conserxes municipais

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro realiza estes días probas de detección da covid-19 a todos os conserxes das instalacións municipais.
IMG 20190522 WA0038
9 sep 2020

O Concello de Viveiro realiza estes días probas de detección da covid-19 a todos os conserxes das instalacións municipais.

En concreto, onte fixéronlle as probas aos conserxes dos centros educativos e do pavillón, con resultado negativo todas elas. Hoxe é a quenda para os conserxes dos centros socioculturais e do concello.

Ademaís, hoxe realizouse unha sesión de formación sobre o coronavirus dirixida aos conserxes das instalacións municipais e os profesores do conservatorio de música, coas pautas e os protocolos que deben manexar.

“Dentro das nosas competencias, temos que tomar todas as medidas posibles para facer fronte á pandemia e limitar os riscos, destacando a receptividade e a boa disposición de todos e todas as traballadoras”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

0.19791293144226