O Concello de Viveiro informa do novo prazo de matrícula para a gardería
O Concello de Viveiro informa aos veciños do novo prazo de matrícula na escola infantil municipal que será desde o día 10 de xuño ao 15 de xullo.
En cursos anteriores, a matrícula da gardería municipal adoitaba realizarase no mes de abril. Este ano, como consecuencia da situación actual e atendendo ás restricións derivadas do estado de alarma, o Concello de Viveiro acordou pospoñer este prazo, establecendo inicialmente para a matrícula na gardería municipal o período comprendido entre o 20 de maio e o 20 de xuño.
No momento de dar a coñecer este prazo, xa se advertía de que no suposto de producirse unha prórroga do estado de alarma, o prazo para a matrícula na gardería municipal sería tamén prorrogado polo tempo necesario.
Tendo en conta que no día de onte se acordou prorrogar o estado de alarma ata o vindeiro 7 de xuño, o Concello de Viveiro acorda establecer o novo periodo de matrícula para a gardería municipal, dende 10 de xuño ao 15 de xullo, advertindo novamente que este prazo podería verse afectado polas posibles prórrogas que poidan aprobarse con respecto ao estado de alarma actual.