O Concello de Viveiro mellorará o paseo marítimo en Covas

TerraChaXa | AMariñaXa
15 Feb 2019

O Concello de Viveiro asinou a acta de recepción das obras  de Acondicionamento e mellora do paseo marítimo en Covas no tramo fronte aos Castelos. Neste proxecto inclúense as obras necesarias para proceder ao reforzo e recheo da zona afectada e paralizar as filtracións e lavado de terreo que se veñen producindo, para o que se levarán a cabo actuacións como a demolición do pavimento actual e a soleira de formigón, nunha superficie de 5,00 x 15,00 metros; a retirada en dita superficie de actuación do material de recheo existente baixo a soleira; o recheo da zona de actuación con formigón ciclópeo, que ademáis permitirá reforzar o muro que sostén o paseo; a reposición dos servizos afectados de rede de pluviais e de saneamento; a reposición da instalación de alumeado público e a reposición do pavimento, execución de soleira de formigón armado sobre a que se disporá a baldosa hidráulica similar á existente.
O presuposto de contrata deste proxecto foi de 43.626,95 € e o seu custe foi financiado pola Deputación Provincial de Lugo no marco do Plan Único de Cooperación cos Concellos 2018.

0.18743395805359