O Concello de Viveiro recomenda limitar o consumo de auga
O Concello de Viveiro controlará e reducirá o consumo de auga nos servizos municipios e fai un chamamento á responsabilidade da veciñanza, ante unha prealerta por risco de seca activada por Augas de Galicia.
En concreto, o pasado 17 de xullo Augas de Galicia, á vista dos indicadores metereolóxicos e hidrolóxicos contemplados no Plan de Seca da Demarcación Galicia Costa e tendo en conta as previsións metereolóxicas, activou a prealerta por risco de seca nos sistemas de explotación da Demarcación Galicia Costa que siguen a continuación: Río Mera, Ría de Sta. Marta de Ortigueira e Ría de Cedeira; Río Sor e Ría de Sta. Marta de Ortigueira e Ría de Viveiro; Río Landro e Río Ouro; 18: Río Masma; 19: Ría de Ribadeo.
Tendo en conta esta situación, é necesario concienciarse da necesidade de aforro de auga e minimizar o consumo desta especialmente nos usos non imprescindibles. Polo tanto este Concello mentres dure a situación de prealerta controlará o seu uso limitando a rega de xardíns municipais e o baldeo das rúas.
Ademais, o Concello recomenda á cidadanía limitar os baldeos e os enchidos de piscinas, e optimizar os recursos na rega.