O Concello de Viveiro suspende a celebración da Romaría de Naseiro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro informa á veciñanza da suspensión da celebración da Romaría do Naseiro.
raid
27 Xul 2020

O Concello de Viveiro informa á veciñanza da suspensión da celebración da Romaría do Naseiro.

O Concello de Viveiro e Comisión de Festas adoptaron esta decisión, considerando que é o mellor e máis axeitado tendo en conta a situación actual.

O Concello de Viveiro, ao non ser o organizador da festa, non podía suspender a súa celebración directamente, pero si tiña competencias para non autorizar a súa celebración. Polo momento non había nada tramitado, porque estaba todo falado e consensuado coa Comisión, á espera de valorar a evolución da situación e adoptar unha decisión ao respecto.

O Concello de Viveiro presentará próximamente a programación alternativa que se deseñou para o mes de agosto, dacordo coas medidas e limitacións establecidas polas autoridades competentes e a nova normalidade.

O concello lamenta profundamente que este ano non sexa posible celebrar unha das festas locais máis representativas e agarda que o vindeiro ano poida novamente desfrutar con máis ganas e ilusión desta tradicional romaxe.

Finalmente, o concello quere agradecer á Comisión de Festas polo traballo realizado e manifestar o sus apoio a todas aquelas persoas que se verán prexudicadas, non só polo que o Naseiro significa a nivel festivo e de ocio, senón tamén dende un punto de vista económico, polas consecuencias da súa suspensión.

0.15766716003418