O Concello de Xermade adxudica o contrato para a elaboración do inventario de camiños

TerraChaXa
O Concello de Xermade adxudicou o servizo de elaboración do inventario de camiños á empresa Procat Ingeniería y Medio Ambiente, SL, que acadou unha puntuación de 7,03 puntos, consonte á oferta presentada, de 14.
concello de xermade
29 Oct 2023

O Concello de Xermade adxudicou o servizo de elaboración do inventario de camiños á empresa Procat Ingeniería y Medio Ambiente, SL, que acadou unha puntuación de 7,03 puntos, consonte á oferta presentada, de 14.800,00 euros e 3.108,00 de IVE.

A adxudicataria reduce dous meses o prazo de execución e ademais ofrece varias melloras como a xeorreferenciación do catastro histórico dos anos 90, a xeorreferenciación das concentracións parcelarias, a xeorreferenciación dos planos realizados polos técnicos municipais e a formación do manexo do sistema de informaicón xeográfica (XIS) de software libre.

O proxecto dividirase en dúas fases segundo, comezando na primeira pola elaboración do documento para aprobación inicial. Realizarase unha recompilación de documentación, a delineación de camiños susceptibles de seren municipais e as resolución de dúbidas, modificacións, envorcado de datos, instalación do proxecto XIS e impresión de documento para a aprobación inicial.

Na segunda fase se levará o documento a aprobación definitiva coa resolución de alegacións e a modificación de base de datos, instalación proxecto definitivo e impresión do documento aprobado definitivamente.

A adxudicataria comprometeuse a realizar os traballos no prazo de oito meses.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1791820526123