O Concello de Xermade alerta dunha posible estafa relacionada co covid-19
TerraChaXa
O Concello de Xermade vén de publicar nas súas redes sociais e demás medios de comunicación cos veciños dunha posible estafa relacionada coa pandemia do covid-19 que afecta na actualidade a todo o mundo.
1 sep 2020

Segundo indican, varios veciños e veciñas recibiron chamadas (efectuadas supostamente en colaboración co Concello) ofrecéndose a pasar polas casas para facer "unha pequena enquisa de saúde" e deixar material de prevención de covi-19.
O Concello quere deixar charo que non se está levando a cabo ningunha enquisa nin campaña telefónica relacionada coa covid-19, polo que indica aos veciños que dean conta e teñan precaución se están a recibir este tipo de atención.