O Concello de Xermade anuncia o inicio das obras da depuradora do Campo da Feira
O alcalde de Xermade, Roberto García, anunciou o inicio das obras de forma inminente da depuradara de Momán que se prevé que estean rematadas no ano 2024.
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello de Xermade asinaron un convenio de colaboración o 7 de outubro de 2021 para o financiamento, execución e entrega das obras de saneamento e depuración para o núcleo do Campo da Feira.
O Concello de Xermade comprometeuse a adquirir os terreos necesarios para a construción da depuradora, e a tal efecto adquiriu as oito parcelas necesarias para situar a infraestrutura, investindo un total de 6.874,50 euros.
O pasado 14 de outubro, a Confederación remite a segunda addenda para o reaxuste de anualidades inicialmente previstas, que foron aprobadas en sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local.
Deste modo, a Confederación Hidrográfica aportará un tottal de 256.000 euros a esta obra e o Concello de Xermade fará o propio cun valor de 64.000 para un total de 320.000 euros de orzamento.
Así, este ano a CHMS inviste 120.000 euros e 30.000 o Concello mentres que para 2024, última anualidade, a previsión é de 114.690 euros para o ente fluvial e 28.672 para a administración municipal.