O Concello de Xermade busca facer un centro etnográfico en Lousada
O Concello de Xermade convertirá as construccións singulares vinculadas á explotación da auga na parroquia de Lousada nun centro de interpretación etnográfico.
Dous muíños, dous batanes e a fábrica da luz completan esta herdanza histórica na que se actuará a través dunha subvención de 80.000 euros que aporta na súa maior parte o GDR Terra Chá, malia que o concello aportará unha pequena parte.
As obras consistirán na restauración dos muíños de Folgoso e Orxás, a moa de Orxás e os batanes, ademais da fábrica da luz. Os traballos de rehabilitación consistirán no arranxo ou substitución das cubertas, na substitución das estruturas de madeira e no afianzamentos dos muros de pedra. Estas obras son necesarias xa que todas estas construccións están en desuso e moi castigadas polo deterioro. De feito, nun dos batanes reconstruirase a noria interior.
O obxectivo será activar os mazos e os edificios para que se poda facer un centro de interpretación no que poñer en valor este traballo e estas edificacións.