O Concello de Xermade celebrará o día da Muller Rural
O Concello de Xermade celebrará durante case unha semana o día da Muller Rural, que dará0 comezo o 15 de outubro.
Así, o xoves 15 haberá obradoiros rurais, o venres 16 poderase desfrutar dunha charla na Escola Habanera sobre Habilidades sociais, esta será en horario de 20 a 22 horas; e o sábado 17 será a quenda da xornada Empoderamento feminino, de 12 a 14 horas no edificio do antigo sindicato de Xermade.
Xa o seguinte fin de semana, será a charla Vivir en positivo, que dará comezo o venres 23 de 20 a 22 horas na escola de San Xulián en Cazás e o sábado 24 haberá outra sobre Autocoñecemento en horario de 12 a 14 horas na casa escola de Cabreiros.
As persoas interesadas en participar nestes actos deberán facer previa inscrición chamando ao teléfono 982 50 10 02 e ademais contará con aforo limitado para garantir as medidas sanitaarias.