O Concello de Xermade continuará co proceso de reposición das beirarrúas

TerraChaXa
O Pleno da Corporación xermadesa celebrou a primeira sesión ordinaria do ano 2024.
28 Xan 2024

O Pleno da Corporación xermadesa celebrou a primeira sesión ordinaria do ano 2024. Logo do sorteo electoral, na sección resolutiva aprobouse un suplemento de crédito financiado cun préstamo do Instituto Galego de Vivenda e Solo para rehabilitar a escola da Ladrela, na parroquia de Piñeiro, por importe de 63.264,12 euros; e tamén se aprobou inicialmente un regulamento para a asignación dos complementos retributivos de produtividade e gratificacións para o persoal municipal.

Na sección de fiscalización e control, deuse conta do envío de información relativa ao Período Medio de Pago do 4º trimestre de 2023 (10,81 días) e do informe anual de morosidade do ano 2023. Tamén se informou da publicación dos anuncios de aprobación definitiva do orzamento do exercicio 2024 e anexos e do Plan de ordenación de recursos humanos, no Boletín Oficial da Provincia de Lugo o 15 de decembro de 2023.

A Alcaldía informou ao Pleno de varios asuntos. En primeiro lugar da sinatura dun procotolo xeral para a posta en marcha dunha oficina demográfica para a integración de novos poboadores, combater o desequilibrio demográfico, recollidos no proxecto E para vivir Lugo, financiado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e pola Deputación Provincial de Lugo, en data 21/12/2023.

Tamén explicou o alcalde a sinatura dun convenio interadministrativo de cooperación entre a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Xermade a posta en marcha da Fase II da reposición das beirarrúas en Xermade do ano 2023. O financiamento ascende a 79.999 euros (100% dos custes da obra).

Tamén se comunicou a concesión dunha subvención pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para os anos 2023 e 2024, para a adquisición de 103 composteiros, cunha axuda de 7.798,50 euros.

Por último deuse conta do ingreso de 241.800 euros por mor da concesión de subvención polo Instituto de Transición Xusta dirixidas a proxectos de infraestruturas ambientais, sociais e dixitais en municipios de zonas afectadas pola transición enerxética no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, para o proxecto A Reitoral (CIT): rehabilitación de casa reitoral para centro internacional da torneiría, por importe total de 403.000,00 euros.

No apartado mocións, o Partido Popular presentou unha relativa á atención primaria, que non chegou a debatirse ao non ratificarse a urxencia por maioría absoluta.

0.19613194465637