O Concello de Xermade convertirá unha vella escola de Piñeiro en local social
O Concello de Xermade farase cargo da rehabilitación da antiga escola da parroquia de Piñeiro para ser usada como local social. A actuación inclúe a reforma integral do interior de inmoble, ata o de agora case en desuso, que se dotará cun servizo e coas comodidades necesarias para que os veciños poidan facer uso del.
Esta obra responde a unha solicitude veciñal xa que se trata do punto de reunión da comunidade de montes.
Na parroquia de Piñeiro xa hai unha antiga escola transformada en local veciñal, no lugar da Panda, onde se atopa esta escola, pero hai varias familias con menores e xa o ano pasado o Concello instalou alí un pequeno parque infantil, razón pola que se opta pola rehabilitación.
A esta actuación, que se fará con persoal propio do Concello, destinaranse uns 4.000 euros.