O Concello de Xermade convoca o contrato de obras de reparación e mellora do firme en viais de Lousada e na escola de Miraz

TerraChaXa
O Concello de Xermade convoca o procedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, para a adxudicación do contrato de obras de “Reparación e mellora de firme dos viais en Lousada e na escola de Miraz" correspondente ao Plan Único Provincial da Deputacion de Lugo.
1 sep 2017

A convocatoria, publicada este venres 1 de setembro no BOP recolle un valor estimado do contrato de 106.346,48 euros e un prazo de presentación de propostas que pecha o xoves 14 de setembro. O día seguinte, venres 15, abriranse as ofertas presentadas no Rexistro Xeral do Concello ás doce do mediodía.

0.21703100204468