O Concello de Xermade convoca o XII Trofeo de Fútbol Manuel González Fernández
Durante catro días o Concello de Xermade organiza a XII edición do Torneo de Fútbol Manuel González Fernández. Para iso vén de abrir o prazo de inscrición para participar.
O torneo desenvolverase os días 10, 11, 17 e 18 de agosto de 2024 nos campos de fútbol de Roupar, Xermade, Cabreiros e Cazás.
Os equipos que desexen participar deberán presentar o impreso de solicitude (segundo modelo do anexo I), asinado polo representante do equipo e o certificado da conta bancaria na que desexen que se lles ingrese o premio.
A documentación presentarase antes do 9 de agosto de 2024 no Rexistro Municipal do Concello de Xermade, a través da sede electrónica.
Os premios serán de 600 euros para o gañador, 525 para o segundo, 4765 para o teceiro e 450 para o cuarto clasificado.