O Concello de Xermade aumenta o número de usuarios do Servizo de Axuda no Fogar

TerraChaXa
O Concello de Xermade destinou para gasto social nos orzamentos do 2020 633.
13 Mar 2020

O Concello de Xermade destinou para gasto social nos orzamentos do 2020 633.160 euros, que inclúen unha partida ao Servizo de Axuda no Fogar e á dependencia.

Estas partidas medraron respecto aos últimos tres anos dende os 430.000 euros do ano 2018 ata os 555.290 euros do 2019.

Como explica o alcalde da vila, Roberto García "o Servizo de Axuda no Fogar é un recurso moi demandado, especialmente nas zonas rurais onde a maioría da xente decide permanecer no seu entorno, recibindo os coidados necesarios que garanticen unha calidade de vida digna".

"No Concello de Xermade é un servizo con moito éxito entre a veciñanza e que vai crecendo exponencialmente nos últimos anos. Podese decir que neste Concello é o servizo estrela, por excelencia", engade.

A finais do ano 2019, o Concello estaba prestando unha media de 3.800 horas de SAF ao mes das cales son 3.258 eran concedidas pola Xunta para as persoas valoradas como dependentes, é dicir, sobre 80 persoas, e o resto asumíaas o Concello pola modalidade básica, sobre 30 persoas.

Dado que a demanda cada vez é maior, Roberto García explica que o Concello "nos últimos meses fixo un esforzo o Servizo na modalidade básica para paliar situacións sobrevidas e de carácter urxente".

Tamén asumirá a suma de 695 horas máis polas horas de dependencia que se implantarán a partir do mes de abril. Grazas a este incremento, garantizan que preto de 22 persoas se beneficien de este servizo.

0.19578886032104