O Concello de Xermade destinará a obras a metade da aportación do Plan Deputación

A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade reuniuse para abordar unha serie de asuntos, entre os que se atopaba a solicitude de participación no Plan Deputación de Cooperación cos concellos 2025, publicado no BOP nº 004 o 7 de xaneiro de 2025.
A cantidade asignada a Xermade é de 309.520,31 euros, que nesta convocatoria se destinou a investimentos e gasto corrente a partes iguais: 154.760,16 euros para investimentos e 154.760,15 euros para o resto de programas.
Destaca o incremento da cantidade solicitada para o Servizo de Axuda no Fogar modalidade básica (libre concorrencia), debido á suba do prezo hora dende a finalización do contrato do servizo o 30/08/2024.
No capítulo de investimentos o Concello aportará 15.325 euros para completar a obra de acondicionamento de camiños municipais nas parroquias de Burgás, Cazás, Piñeiro e Xermade. Ademais, realizará o acondicionamento dos camiños en Cabreiros, Candamil e Roupar.
Para o Servizo de Axuda no Fogar irán 61.684 duros e para o de reforzo do emprego son 83.171 euros, que se destinará a obras e servizos de rehabilitación e a contratación de persoal.
Finalmente, 0s 9.904 euros restantes irán para sufragar o XXV Encontro de Torneiros da madeira de Xermade.