O Concello de Xermade formaliza a compra da antiga Cámara Agraria

TerraChaXa
O inmoble está situado na avenida de Vilalba nº 6, fronte á Casa Consistorial
compra-camara-agraria-xermade
4 Apr 2025

O pasado venres 28 de marzo de 2025, na Notaría de Vilalba formalizouse a compravenda da antiga Cámara Agraria de Xermade por parte do Concello. En representación da Xunta de Galicia asistiu o subdirector xeral do Patrimonio da Xunta de Galicia, Pablo Viaño Lorenzo e en representación do Concello asinou o alcalde, Roberto García Pernas.

O inmoble está situado na avenida de Vilalba nº 6, fronte á Casa Consistorial. Foi valorado pola Xunta de Galicia en 49.092,16 euros, prezo no que se formalizou a compravenda.

Con esta adquisición o Concello incrementa o seu patrimonio co fin de regularizar a situación patrimonial deste inmoble, que se atopaba cedido en precario dende o ano 2012 ao chegar ao seu fin a cesión de uso concedida pola Comunidade Autónoma.

⚙ Configurar cookies
0.17766904830933