O Concello de Xermade licita por segunda vez o servizo de Atención Temperá
A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade, na sesión extraordinaria celebrada a tal efecto, aprobou por segunda vez a licitación do Servizo de Atención Temperá, compartido cos concellos de Guitiriz e Vilalba. A anterior licitación declarouse deserta ao non dispoñer ningún licitador dos medios persoais mínimos requiridos para a execución do contrato.
Consonte a Orde que regula a convocatoria das axudas de atención temperá por parte da administración autonómica, nesta nova licitación os medios mínimos requiren dun equipo de tres profesionais. Outra novidade é que agora o servizo licítase de xaneiro ao 31 de outubro de 2022, con posibilidade de prórroga ata o 31 de outubro de 2023.
O prazo de presentación de ofertas finaliza o 15 de decembro, e a mesa de contratación reunirase para a apertura do sobre A o venres 16 de decembro. O Concello de Xermade prevé ter adxudicado o servizo na segunda quincena do mes de xaneiro.
Toda a información da licitación atópase na Plataforma de Contratos do Sector Público.