O Concello de Xermade mercou 117 composteiros para a campaña de compostaxe

O Concello de Xermade continúa coa súa campaña de adquisición de composteiros domésticos, a fin de que toda a veciñanza do municipio poda realizar compostaxe doméstica.
Neste ano 2025 mercáronse 117 composteiros, estimándose que cos mesmos se compostarán 33,3 toneladas ao ano, e o compost producido chegará aos 9,9 toneladas (9.900 kg).
O Concello de Xermade conta con 1734 habitantes. A poboación, practicamente a totalidade, reside en vivendas unifamiliares, das que nestes momentos están habitadas unhas 720, dando un ratio de 2,4 habitantes por vivenda.
As persoas participantes nesta campaña de compostaxe recibiron unha charla de formación de 1,5 horas xunto con un manual.
Por outra banda, con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental adquiríronse 13 suxeitacontedores, que contribuirán a evitar que as inclemencias meteorolóxicas os despracen e así aumentar a súa vida útil.