O Concello de Xermade modifica o decreto para o uso de instalacións deportivas

TerraChaXa
O Concello de Xermade cambia o regulamento de uso das instalacións deportivas de titularidade municipal.
2 Sep 2019

O Concello de Xermade cambia o regulamento de uso das instalacións deportivas de titularidade municipal. A través desta nova ordenanza, establécense as taxas para o seu uso, así como a prestación de servizos a través das escolas deportivas.

Así, as escolas deportivas municipais terán un custe de 30 euros anuais en concepto de cota de matrícula e abonarán 10 euros máis por actividade. O dereito de uso abarcará todos os meses do seu desenvolvemento.

Con respecto ao uso de particulares, establécese o cobro de cen euros para aqueles que cobren entrada, que terán un máximo de 12 horas de dereito de uso.

O Concello resérvase tamén a opción de realizar bonificacións cando existan razóns sociais, benéficas, culturais e de interese público nas entidades solicitantes do uso das instalacións.

0.14199113845825