O Concello de Xermade organiza para o 6 de abril a súa IV Comida Popular
O Concello de Xermade organiza para o 6 de abril a súa IV Comida Popular, que comezará ás 14:00 horas coa sesión vermú amenizada co Dúo Venus, para a continuación dar paso ao gran xantar popular.
Xa a partir das 21:30 horas será a Festa da Xuventude co Trío Kalima 3.0. O menú da festa consta de paella de marisco, xarrete de tenreira con patacas e pementos, sobremesa típica con larpeira e tarta de mazá, ademias de pan, viño, refrescos, auga, café e chupito. Terá un prezo de 25 euros para os adultos, 12 para os nenos de entre 6 e 12 anos e gratis para os máis cativos.
Para apuntarse haberá que mercar os tiquets, ata o 25 de marzo, no bar Casal, bar O Pita, na Farmacia de Xermade ou na Peluquería Kabelos de Candamil. Para máis información podese chamar ao 652 046 679, 671 199 804 e no 636 544 784.