O Concello de Xermade organiza unha excursión a Allariz e Xinzo de Limia

O vindeiro domingo, 16 de febreiro, o Concello de Xermade organiza unha excursión para visitar as localidades de Allariz e Xinzo de Limia, combinando cultura, gastronomía e tradicións.
A saída está programada para as 9:00 horas desde a praza do Concello. A primeira parada será en Allariz ás 12:00 horas, onde os participantes poderán desfrutar do encanto desta vila histórica. Ás 13:30 horas, está prevista unha comida no restaurante Fogar dos Maiores, cun custo de 13 euros por persoa.
Pola tarde, a excursión trasladarase a Xinzo de Limia, onde ás 16:00 horas os asistentes poderán participar na celebración do tradicional Domingo Oleiro, dentro da programación do Entroido. O regreso a Xermade está previsto para as 18:30 horas.
As prazas son limitadas e terán prioridade as persoas empadroadas no municipio. Para garantir a viabilidade da excursión, será necesario un mínimo de 33 participantes. O custo do autobús será de 22 euros por persoa e os importes recolleranse o mesmo día da viaxe.
As preinscricións estarán abertas ata o martes, 11 de febreiro. As persoas interesadas poden obter máis información e realizar a súa reserva contactando coa educadora familiar no teléfono 678 744 178.