O Concello de Xermade pecha obras e adxudica outras pendentes do Plan Único

TerraChaXa
O Concello de Xermade vén de rematar unha serie de obras pendentes do Plan Único do ano 2018, retrasadas entre outros motivos por retrasos burocráticos.
13 Mar 2020

O Concello de Xermade vén de rematar unha serie de obras pendentes do Plan Único do ano 2018, retrasadas entre outros motivos por retrasos burocráticos.

Así, a reparación de estradas foi o eixe principal do traballo, nesta ocasión nas localidades de Zalaroia, Labrada, Toutelo, Pena de Corvos, Bidueiro, A Touza e Xermade, entre outras. Estas tiñan un orzamento de 107.276,92 euros, trala baixada da empresa adxudicataria  de 43.936,82  do importe inicial, que era de 151.213,74.

Tamén con cargo ao Plan Único, fíxose a substitución de equipos de alumeados en vivendas, nas que se instalaron 480 luminarias por un importe de 38.262,93 euros. Neste capítulo tamén adxudicouse á baixa cun aforro de 12.227,05 sobre un importe inicial de licitación de 50.489,98 euros.

Precisamente cos cartos sobrantes, puidéronse facer máis actuacións como a reparación de estradas en O Camiño, As Casasnovas, A Silva, Badoi, O Caneiro, As Cavadas e Portalousa, por importe de 43.936,82 euros, ou a instalación de 123 luminarias  máis en Xermade por importe de 12.227,05.

Así mesmo, con cargo ao Plan Único do 2019 xa teñen executadas as obras de reparación de beirarrúas en Momán por un importe de 25.339,16 euros.

E están agora en licitación dúas obras máis en estradas. Por unha banda, unha partida de 115.708,39 euros destinarase a vías en Roupar de Abaixo, Aveás, A Veiga, As Folgueiras, Castiñeiras e Bidueiro.  A segunda, de 67.169,04 euros, destinarase aos lugares de Reguengo, Xemaré, Vilariño, Xermade, Pena da Egua, Fonxérez, Pena da Arca, As Folgueiras, Castiñeiras e Bidueiro entre outras.

Con cargo ao Plan Único tamén foron contratados un albanel, un conductor e dous peóns para os servizo de obras públicas. cun custe total de 59.578,14 euros

ANO 2020

O Concello de Xermade conta tamén coa aportación de catro partidas principais do Fondo de Compensación Ambiental 2020 co cal poderán adquirir 80 colectores para o servizo de recollida de residuos cun custe estimado é de 18.000,00 euros.

Así mesmo, seguirán coas melloras da eficiencia enerxética nos alumeados públicos, xa que quere completarse dita mellora que xa se empezou a levar a cabo durante o período 2015-2019 mediante a instalación de 160 luminarias LED máis.

O custe estimado é de 17.424,00 euros e inclúe a instalación de 160 unidades de 30W.

Por outra banda preténdese contartar dúas persoas. Por unha banda un operario de protección e mantemento de espazos naturais que terá un contrato de oito meses (do 1 de marzo ao 31 de outubro de 2020), facendo unha xornada completa. Conlevará uns custes estimados de 12.700,00 euros, nos que se inclúe o salario e seguridade social.

O segundo, será un técnico de medio ambiente e urbanismo que terá un contrato de terá un contrato de dez meses cunha xornada parcial de 18 horas semanais. Este técnico sería persoal interino e tería un custe estimados de 17.700,00 euros.

 

0.13209199905396