O Concello de Xermade pon un bus para acudir á andaina a Saavedra

TerraChaXa
O Concello de Xermade porá un bus para todos os veciños e veciñas que desexen participar na andaina a Saavedra.
andaina saavedra xermade bus portada
andaina saavedra xermade bus portada
22 Maio 2023

O Concello de Xermade porá un bus para todos os veciños e veciñas que desexen participar na andaina a Saavedra que se celebra este mércores, 24 de maio, con motivo das Festas e a Romería na localidade veciña do concello de Begonte.

O bus sairá ás 8.30 horas desde a praza de Xermade e irá ata Vilalba, onde dará comezo a andaina de 17 quilómetros ata Saavedra.

Ademais, ás 14.30 horas o bus fará o regreso a Xermade.

As persoas interesadas en anotarse deben facelo no 678 744 178 e de non cubrirse as prazas non se fará esta actividade.

andaina saavedra xermade bus
0.11083817481995