O Concello de Xermade recolle alegacións contra o parque eólico Santuario
O xoves 22 de xuño publicouse no BOP de Lugo o anuncio do Proxecto Modificado Abril 2023 da instalación do Parque Eólico Santuario.
Este parque afecta aos concellos de Xermade, Vilalba e Guitiriz na provincia de Lugo e ás Pontes na provincia da Coruña, este último afectado únicamente pola infraestrutura de evacuación.
Segundo proxecto modificado o parque Eólico Santuario contará con 161 MW de potencia nominal, integrado por veintitrés aeroxeneradores.
A evacuación da enerxía eléctrica xerada polos aeroxeradores realizarase a través de 12 liñas subterráneas de 33 kV que conectarán o parque eólico coa subestación elevadora SET Santuario 33/220 kV.
O proxecto modificado pode consultarse neste enlace.
Ábrese por tanto un prazo para presentar as alegacións e os informes que se consideren oportunos, sendo o último día o 4 de agosto de 2023 (incluído).
Quen o desexe pode consultar a documentación do proxecto en persoa nas dependencias do Concello de Xermade en horario de 09:00 a 14:00 de luns a venres.
Para unha mellor xestión das consultas e dúbidas da veciñanza, e evitar desprazamentos ou esperas innecesarias, o Concello aconsella chamar antes por teléfono para concretar unha cita. Os teléfonos para tal fin son o 982 50 10 01 e o 651 03 50 76.