Rematan obras nas parroquias de Xermade por valor de case 70.000 euros

TerraChaXa
O Concello de Xermade vén de rematar as obras de acondicionamento das estradas da parroquia de Piñeiro, obras que tiveron un orzamento de 20.
14 Xan 2019

O Concello de Xermade vén de rematar as obras de acondicionamento das estradas da parroquia de Piñeiro, obras que tiveron un orzamento de 20.000 euros con cargo a fondos propios. Os traballos consistiron no repaso do trazado, o amaño con zahorra e a mellora cunetas. Esta obra fixo especial fincanpé na zona nas pistas de concentración parcelaria, que se atopaban moi deterioradas.

Ademais, na mesma parroquia de Piñeiro rematon os traballos de construción dun parque infantil, tamén cunha partida de cartos municipal que asecendeu ao 9.400 euros. Neste parque, de nova creación colocáronse xogos infantís para o desfrute dos máis pequenos.

Paralelamente, remataron os traballos de rexenaración de carreteiras, botando rego asfáltico en tres viais na Veiga, derica o Toutelo e no lugar de Arangón, en Xermade. Investíronse nestas vías 40.000 euros.

Por otra banda, tamén se retirou o seto de tullas do colexio e levouse a cabo o pintado do muro exterior mellorando deste xeito o aspecto do centro educativo.

0.15312099456787