O Concello de Xermade solicita axudas para melloras no CEIP, o pavillón e o servizo de augas

TerraChaXa
O pasado mes de marzo o Concello de Xermade solicitou as axudas do Fondo de Cooperación Local para tres liñas de obra
ceip xermade colexio
3 Abr 2023

O pasado mes de marzo o Concello de Xermade solicitou as axudas convocadas a través da Orde do 9 de febreiro de 2023 pola que se establecen os criterios e o procedemento para a distribución do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado aos concellos de Galicia con poboación inferior a 15.000 habitantes.

Esta orde contempla tres liñas de axudas. A primeira está dirixida a obras destinadas á mellora da eficiencia enerxética das infraestruturas municipais. En primeiro termo, contempláse a substitución de equipos de iluminación no CEIP Xermade por outros con tecnoloxía LED, consonte ao orzamento desagregado presentado por Electricidad Moncho y Santomé SL, empresa adxudicataria do servizo de mantemento de alumeados públicos e instalacións eléctricas do Concello de Xermade, cun orzamento total de 10.896,91 euros máis 2.288,35 euros (IVE 21%), que suman un total de 13.185,26 euros.

Por outra banda, preténdese instalar paneis solares fotovoltaicos na cuberta do pavillón polideportivo, co obxectivo de aumentar o nivel de autoconsumo de enerxía eléctrica do centro educativo e do pavillón, con aforro da factura eléctrica que pode chegar ata un 70%, ademais de divulgar a enerxía solar no centro educativo, sensibilizando á comunidade escolar sobre a necesidade de irmos cara un modelo enerxético máis sustentable.

"É importante que o alumnado aprenda de primeira man valores medioambientais a efectos de sentar as bases dunha nova economía alonxada do carbono", din dende o Concello.

Preséntase orzamento desagregado presentado por Electricidad Moncho y Santomé SL, empresa adxudicataria do servizo de mantemento de alumeados públicos e instalacións eléctricas do Concello de Xermade, cun orzamento total de 29.930,59 euros máis 6.285,42 euros (IVE 21%), que suman un total de 36.216,01 euros.

Coa segunda liña, sobre adquisición de maquinaria e equipamento vinculado á prestación de servizos de competencia municipal, preténdese a adquisición dunha minipala excavadora para o servizo de augas e medio ambiente: cun custo estimado de 66.404,80 euros, IVE incluido, segundo o orzamento presenaçtado o 27/02/2023 por Agroforestal Rouco.

O Concello de Xermade solicitou unha achega por importe de 30.133,49 euros con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, e con cargo a esta liña se axudas solicítanse 30.000,00 euros, importe máximo segundo o artigo 4.2 da Orde reguladora. O importe restante (6.271,31 euros) será sufragado con fondos propios.

Finalmente, sobre obras de modernización e mellora das redes de abastecemento municipal. O Concello propuxo a colocación de tres contadores de subministración en alta e de 220 contadores de telelectura. Consta orzamento desagregado redactado pola técnica muncicipal de urbanismo, medio ambiente e obras, por importe de 50.302,00 euros.

Prevese que estas actuacións se contemplen no Plan de actuación para minimizar as perdas de auga, en cumprimento do disposto na disposición adicional segunda da Lei 9/2019, do 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento nos episodios de seca e nas situacións de risco sanitario, que está a tramitar o Concello.

0.19880485534668