O Concello de Xermade xa ten premios de Entroido
O Entroido na Casa, a iniciativa posta en marcha polo Concello para festexar este atípico Entroido condicionado pola crise sanitaria do coronavirus, que impediu a realización da tradicional festa que se celebraba no pavillón municipal, fixo públicos os premios aos mellores disfraces.
Na categoría de unidade de convivencia, Berta Gómez levouse o primeiro premio, valorado en 200 euros; seguida de Nuria Bellas e José Luis Pena, recibirán 150 e 100 euros, respectivamente.
Na modalidade de disfraces individuais, o primeiro premi foi para Lela Castelo, que recibirá 100 euros. En segundo lugar quedou Cristina Amarelo, con 75 euros, e en terceiro Nerea Pernas, con 50.
Ademais, o Concello tamén outorgou galardóns ás mellores propostas infantís. Noa Iglesia foi a vencedora e se levará 50 euros, seguida de Noa Hormeño, que recibirá 30, e de Manuela e Raúl Pérez, premiados con 20 euros.