O Concello de Xermande destina ás estradas 211.600 euros do Plan Único
A Xunta de Goberno do Concello de Xermade reuniuse en sesión ordinaria para aprobar a listaxe de investimentos nos que se empregará o Plan Único 2021 da Deputación de Lugo. O importe asignado a Xermade é de 309.748,20 euros, dos cales se destinan a investimentos 222.766,58, a contía máis elevada. Ademais haberá partidas para o programa do SAF, fomento de emprego e para o programa de Protección Civil.
No capítulo de investimentos, a maior contía irá para a reparación de estradas, concretamente nas de Picoucelo, Vilacide, O Rego, Nova, Gandia, A Pinguela, Roupar, A Graña, A Pía, etc, tal e como se establece na normativa. O investimento neste caso será de 105.382 euros e o Concello aportará 13.325 euros a esta actuación nas vías das parroquias.
Tamén en reparación de estradas investiranse nunha segunda partida de 80.965,64 euros. Neste caso trátase de vías en Momán, Bidueiro, Pena de Arca, Liñares, Mede e Seixido. Tamén a estradas irá un terceiro investimento, para a mellora das beirarrúas de Roupar na súa segunda fase. Aquí o investimento será de 25.270 euros.
Ademais, adecuarase a escola de Ladrela con subministración de ventás, porta e baño portátil, por un importe de 11.185 euros. A última partida estará para a subministración de luminarias para o servizo de alumeado municipal, ao que se destinarán 11.890 euros.
Ademais, para o SAF irán 23.403 euros. No capítulo de Emprego, adecuaranse 59.578 euros para obras e servizos de rehabilitación e contratación de persoal dentro do Depuemprego. A este reparto de capital engándense 4.000 euros que irán para Protección Civil, concretamente para vestimenta, equipos de intervención e material.