O Concello de Xove ampliará a Edar e cambiará as luminarias

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
3 Mar 2020

O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, anunciou as obras que se acometerán en próximas datas no tempo municipal e que afectan a vías e servizos.

Así, segundo indicou, xa están adxudicadas e vanse a iniciar as melloras de accesos na zona de Vila na Rigueira e na urbanización Palmeiro. Esta obra englóbase dentro do plan para remodelar os distintos accesos aos núcleos de poboación de todo o termo municipal. "O principal é mellorar os accesos aos núcleos de poboación e mellorar tamén deste xeito a calidade de vida dos veciños".

Outra das grandes obras previstas polo Concello de Xove é a ampliación da Edar do Concello, obra que lle suporá un investimento en fondos propios de preto de 400.000 euros. Agora mesmo estase traballando na colocación dun novo depósito.

Así mesmo, estase a finalizar a construcción da nave de obras municipal, que conta cun orzamento de máis de 300.000 euros. "Trátase dunha obra importante que posibilitará gardar todo o material que temos nos diferentes locais e a maquinaria do Concello", explicou Demetrio Salgueiro.

Ademais, o proxecto máis inmediato para iniciar será o cambio de luminarias no Concello. Segundo indicou o alcalde, contan cunha subvención do IGAE de preto de 200.000 euros para mellorar a iluminación, é dicir, cambiar a LED todos os puntos de luz do municipio.

Esta operación farase en dúas fases, a primeira xa está lista para comezar, e a teñen xa solicitada nunha nova convocatoria para xa cambiar toda a iluminación de todo o territorio, rural incluído. O que suporá un importante aforro.

0.11784386634827