O Concello de Xove axudará aos negocios locais con 100.000 euros

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Xove vén de adoptar medidas extraordinarias para axudar aos comercios da vila, así, destinarán un crédito inicial de 100.
17 Xuño 2020

O Concello de Xove vén de adoptar medidas extraordinarias para axudar aos comercios da vila, así, destinarán un crédito inicial de 100.000 euros para elo.

Trala aprobación no Pleno deste plan, axudarase con 1.500 euros as empresas que tiveron que pechar, aos que se engaden 600 euros por cada traballador que mantivo contratado sen enviar ao Erte.

Para os negocios que puideron seguir abertos e que facturasen un 40% menos a axuda será de 750 euros, aos que tamén se engaden 600 euros por cada traballador que mantivo contratado.

O alcalde Demetrio Salgueiro, explica o Concello publicará en breves as bases das axudas co prazo para que se poidan tramitar as  solicitudes.

0.18076181411743