Xove comunicou as instrucións para o uso das instalacións de pádel e a boleira
O Concello de Xove comunicou as instrucións para facer usos das instalacións deportivas de pádel así como a utilización da boleira de Sumoas cos requerimentos necesarios da crise sanitaria covid-19.
A pista de padel municipal estará suxeita a criterios de uso como que o aforamento máximo é de 4 persoas, mantendo a distancia recomendable de 1,5 m entre persoas e que antes de entrar na pista de padel haberá que limpar as mans cos hidroxeles. En canto a asistencia de público o aforo máximo será de 28 persoas. Para a súa utilización haberá que presentar unha solicitude previa da páxina web do concello ou ven recollela no rexistro de entrada do Concello.
No tocante a pista de bolos haberá que solicitala utilización de forma telemática ou cun email a carolina@xove.es, e o aforo máximo será de 25 persoas de forma simultánea, ademais de que todos os usuarios deberán traer consigo a súa propia máscara e o seu propio xel hidroalcóholico.
Pódense consultar as instrucións e descargar a folla de solicitude nesta ligazón.