O concello de Xove lembra a obrigatoriedade de cumprir coa lei de prevencion de incendios
O concello de Xove ten coñecemento de que existen tanto no núcleo urbao de Xove coma en diversos núcleos rurais do termo municipal, de parelas que inclumpren o establecido na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e as súas modificacións posteriores, no relativo á xestión de biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas.
A alcaldía recórdalle a todos os propietarios e propietarias de parcelas que non están cumprindo a normativa existente, que teñen a obriga de xestionar a biomasa vexetal (franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, núcleo rural e urbanizable, así como arredor de edificacións e vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras, parques e instalacións industriais), incluida, se fora precisa, a retirada de especies arbóreas prohibidas (eucaliptos, piñeiros, acacias...), antes de que remate o mes de maio do presente ano.