As Pontes Emprende investiu preto de 300.000 euros na creación de empresas

TerraChaXa
O Concello, desde o ano 2015, destinou 279.119,58 euros á creación de empresas a través do programa As Pontes Emprende
Nortegal_ Ana Pena y Lorena Tenreiro as pontes emprende
24 Mar 2023

O Concello, desde o ano 2015, destinou 279.119,58 euros á creación de empresas a través do programa As Pontes Emprende, destinado a fomentar a actividade económica, incentivar a creación de novos proxectos empresariais e dinamizar a pequena e media empresa e ás persoas autónomas, ofrecéndolles un apoio para que poidan afrontar o reto de establecerse como traballadores/as por conta propia ou o da posta en marcha dun proxecto empresarial.

Estas achegas permitiron apoiar a 105 persoas emprendedoras, xeradoras de máis dun centenar e medio de postos de traballo en sectores como o da agricultura ecolóxica, o comercio, a hostalaría, a construción, a carpintería metálica ou servizos profesionais como a fotografía, o deseño gráfico, a hostalaría ou a perruquería.

Ana Pena, responsable de Industria e Emprego no Concello das Pontes, apunta que “con esta liña de axudas amosamos o compromiso do goberno local coa actividade emprendedora do municipio, adoptando, dentro das nosas competencias, todas as medidas oportunas para fomentar a capacidade creativa e emprendedora dos nosos veciños e veciñas”.

Así mesmo, a concelleira fixo fincapé na importancia das persoas emprendedoras na economía local: “son unha fonte de riqueza e un elemento esencial para o crecemento, a competitividade e a modernización do tecido empresarial local. Contribúen ao sostemento da economía local e son xeradores de centos de postos de traballo”.

O programa As Pontes Emprende, xestionado a través do IPPEC, contempla dúas liñas de actuación, ambas cun importe máximo de 2.000 euros. A liña Impúlsate está destinada a sufragar os gastos de alugueiro mentres que a través da liña Instálate cubriranse os gastos de inmobilizado material e inversión na adecuación de locais para a posta en marcha da actividade.

Estas axudas están destinadas as persoa físicas ou xurídicas, cun novo proxecto empresarial, cunha antigüidade máxima de 5 anos anteriores á data de publicación da convocatoria destas axudas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17650294303894