O Concello do Valadouro estuda dotar de máscaras a todos os seus estudantes
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Co inicio do novo curso escolar o Concello do Valadouro estuda a posibilidade de dotar de máscaras a todos os estudantes residentes no Concello do CEIP, ESO, Bacharelato e FP.
5 sep 2020
Co inicio do novo curso escolar o Concello do Valadouro estuda a posibilidade de dotar de máscaras a todos os estudantes residentes no Concello do CEIP, ESO, Bacharelato e FP.
Coas medidas existentes a estimación é de que un alumno teña que utilizar unhas 300 máscaras durante o curso escolar en caso de ser desbotables, actualmente contan con varios orzamentos de fabricantes, totalmente homologadas, e cunha media de 80 lavados que compren todos os requisitos técnicos – sanitarios esixidos.