O Concello do Valadouro prepara o LudiVERÁN 2020
Esta actividade está orientada a rapaces nados entre o ano 2008 e o 2016.
Terán preferencia os nenos que soliciten todo o período e que seus pais traballen. Como de costume as actividades serán no pavillón entre o 15 de xullo e o 31 de agosto de 10.00 horas a 13.30 horas.
As prazas serán limitadas segundo os condicionantes establecidos, pola normativa para campamentos por mor da pandemia COVID-19. No suposto que se cubran todas as prazas, habilitarase lista de reserva q entrará en funcionamento segundo comecen a quedar vacantes.
A inscrición será a través de modelo oficial, preferentemente por medios telemáticos (email, sede electrónica...) ou, excepcionamente, nas oficinas da casa da cultura con cita previa chamando ao 982 571 516 entre o 1 e o 7 de xullo de 2020 de 10 a 14 horas.