O Concello do Vicedo convoca as axudas para o transporte escolar

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello do Vicedo vén de abrir o prazo de presentación de solicitudes para as axudas ao transporte escolar deste municipio do ensino non obrigatorio segundo as bases publicadas no BOP 225 de 30 de setembro de 2020 no Taboleiro de Anuncios do Concello.
9 Out 2020

Para maior información deben presentarse nas oficinas municipais aportando a solicitude, a fotocopia do DNI do solicitante debidamente cotexada e unha certificación bancaria da conta corrente do interesado.

Para alumnos da universidade será necesario presentar a fotocopia cotexada da matrícula e o e extracto do expediente universitario ou certificación de terse presentado como mínimo ao 50% das materias correspondentes ao curso 2019/2020.

Os alumnos de Bacharelato ou FP terán que presentar o boletín de cualificacións ou certificación académica ou certificación de terse presentado como mínimo ao 50% das materias correspondentes ao curso 2019/2020

O prazo de presentación da documentación necesaria para o outorgamento destas axudas rematará o 30 de outubro.

0.18123388290405