O Concello e a asociación de Muimenta firman un convenio para a limpeza da área recreativa

O Concello de Cospeito e a Asociación Aquilino Iglesia Alvariño de Muimenta veñen de formalizar un convenio de colaboración polo cal a administración local asume o mantemento da área recreativa Ribas do Miño durante os meses de verán.
O acordo permitirá manter en bo estado este espazo natural, moi frecuentado pola veciñanza e visitantes na época estival, e potenciará o seu uso como punto de encontro e desfrute ao aire libre.
Ademais, o Concello poderá utilizar esta área para organizar campamentos e diversas actividades de lecer, promovendo así o aproveitamento dos recursos naturais do municipio e ofrecendo alternativas de ocio para todas as idades.
A sinatura do convenio contou coa presenza de representantes de ambas entidades, nun acto que simboliza o compromiso con a posta en valor dos espazos naturais e a colaboración institucional.
Este convenio pon en valor os traballos de mantemento da zona verde realizados pola asociación en días previos.