O Concello e comisións de Cervo acordan suspender as festas de verán
O Concello de Cervo anuncia que este verán quedan suspendidas tanto as Festas de Interese Turístico Galego –A Maruxaina e a Queimada Popular-, como as diferentes festas patronais e populares que se celebran nas diferentes parroquias durante a tempada estival (Festa na Honra de San Luis de Figuerido, Festas de San Pedro na Senra, Festas na Honra a Santa Isabel en Lieiro, Festas do Carme de San Ciprián, Festa do Santiago en Sargadelos e a Festa da Nosa Señora e de San Roque de Cervo); que son as que se celebran nestes meses de xuño, xullo e agosto.
A decisión foi acordada pola Administración local e polas diferentes Comisións de Festas “ante a excepcionalidade da situación que vivimos motivada pola crise sanitaria do covid-19”.
Desde o Concello queren poñer en valor o traballo altruísta que desenvolven os integrantes das diferentes Comisións de Festas para levar adiante ano tras ano unhas Festas que son un referente en toda a bisbarra e que de seguro que volveremos poder desfrutar todos xuntos máis pronto que tarde.