O Concello de Guitiriz estuda integrarse no sistema Viogen
TerraChaXa
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, reuniuse hoxe coa alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, coa que repasaron as principais necesidades deste municipio da Terra Cha.
14 Feb 2020
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, reuniuse hoxe coa alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, coa que repasaron as principais necesidades deste municipio da Terra Cha.
Na primeira visita que efectúa á Subdelegación do Goberno a alcaldesa de Guitiriz, Isabel Rodríguez e Marisol Morandeira tamén analizaron as posibilidades de colaboración en distintas materias entre as dúas administracións e abordaron temas referidos a seguridade. Así, trataron da posible incorporación do Concello de Guitiriz ao sistema Viogen de protección das vítimas de violencia de xénero e acordaron planificar a próxima convocatoria da Xunta Local de Seguridade Cidadá.