O Concello fai balance do XV edición do FIV

TerraChaXa
O FIV pechou de maneira exitosa unha edición marcada non só polo regreso do festival a súa orixe, senón por ser o primeiro sen restricións
FIV VILALBA 20222
7 May 2022

O FIV de Vilalba pechaba a finais de abril a súa décimo quinta edición marcada non só polo regreso do festival á súa orixe, formando parte da apertura da tempada de festivais, senón tamén por ser o primeiro festival sen restricións sanitarias que este ano reuniu a un total de case 3000 asistentes que gozaron durante esa fin de semana dun dos carteis musicais máis completos que se recordan ata o momento.

O Concello de Vilalba fai unha valoración moi positiva desta edición que “supón un punto de inflexión a todos os niveis, na forma de entender o festival e de proxectalo a futuro, cunha volta á normalidade moi ilusionante despois duns anos tremendamente duros para o sector”.

O FIV 2021 avanzou “unha serie de novidades e melloras que entendiamos que precisaba o festival, tanto no seu formato como a nivel administrativo, e que xa vimos consolidado neste 2022”. A concellería de Cultura e a empresa que coordina o festival, I-Radia Crea, “traballamos durante meses para ofrecer a mellor experiencia ao público asistente do FIV, incrementando o número de bandas, aumentando o espazo do escenario principal, ofrecendo concertos abertos para a veciñanza de Vilalba, implementando un plan de accesibilidade e, en definitiva, sentando as bases do FIV do futuro, cunha marca diferencial apegada ao territorio e cunha mirada inclusiva e adaptada aos tempos actuais”.

Ademais, desde o Concello de Vilalba deron conta da xestión dos recursos públicos destinados ao festival, desgranando o proceder axustado á norma dun xeito transparente e aberto á cidadanía.

Segundo explica o Concello, esta edición deixou tamén un impacto positivo no sector turístico de Vilalba. Hoteles, hostales restaurantes e comercios atenderon máis demanda ao longo da fin de semana do festival, colgando algún que outro cartel de completo para gozar dunha experiencia musical que tivo lugar do 22 ao 24 de abril en Vilalba coas actuacións de Sen Senra, Natalia Lacunza, Carlos Sadness, La La Love You, Forget la france, Idoipe, The Zephyr Bones, Juárez, Rapariga DJ a Banda de Música de Vilalba, Viva Suecia, Rufus T. Firefly, Cupido, Baiuca, Delafé Dj Set, Kokoshca, Fábrica de Espejos, Saya e Russ. Vinte actuacións repartidas en dous escenarios situados na Praza da Constitución -Escenario Xacobeo FIV Emerxente- e no Campo da Feira -Escenario Vibra Mahou FIV-.

O FIV tamén sorprendeu cunha novidade que chegou para quedarse: a colaboración cun festival doutras disciplinas, xerando desta maneira un enriquecedor intercambio de contidos para ampliar a experiencia do público asistente. O Play-Doc, o Festival Internacional de Cinema de Tui, un referente no panorama dos eventos cinematográficos, achegou ao Auditorio Municipal Carmen Estévez a proxección do documental: ‘A Poem Is a Naked Person', dirixido por Les Blank.

CONSOLIDACIÓN

Os concertos no Campo da Feira, o Escenario Vibra Mahou FIV, un recinto que neste 2022 consolida ao festival como evento de gran formato, foron sen dúbida os máis esperados da cita, celebrando o regreso do FIV en todo o seu esplendor: gozando do primeiro festival sen restricións da tempada, con zona de acampada, sen incidencias, situando de novo a Vilalba como punto de referencia festivaleiro a nivel nacional.

As bandas Juárez e The Zephyr Bones foron as encargadas de inaugurar a xornada do venres trala pinchada de Isaac Peces sobre as táboas do Escenario Xacobeo FIV Emerxente na Praza da Constitución. Un espazo que acolleu tamén algúns dos momentos máis memorables desta décimo quinta edición: o emocionante e laureado concerto da Banda de Música de Vilalba, o inconfundible indie-rock de Kokoshca, a psicodelia de Fábrica de Espejos ou as ganas de bailar coas sesións djs Saya e Russ.

No Escenario Vibra Mahou FIV os protagonistas das espectaculares actuacións foron Sen Senra, o tropicalismo de Carlos Sadness, o divertido directo de La La Love You ou a impresinante comunión de Natalia Lacunza co público o venres; en cambio, o sábado, cegou a enerxía e forza de Viva Suecia, o baile co noso folclore con Baiuca, a maxia de Rufus T. Firefly, a mezcla entre o trap e pop de Cupido ou os interminables bailes con Rapariga DJ e Delafé Dj Set.

Entre concerto e concerto, os asistentes tamén puideron visitar a zona gastro dentro do recinto principal ou incluso gozar da mellor gastronomía e tendas locais de Vilalba que esa fin de semana ofrecía descontos grazas á campaña #EUSONFIV. Unha acción levada a cabo por segundo ano consecutivo en colaboración coa Concellería de Comercio e os comerciantes e hostaleiros de Vilalba.

Por suposto, nesta edición non podía faltar unha homenaxe ao Día do Libro durante a xornada do sábado, na que cada asistente recibiu unha rosa e un exemplar dalgunhas obras de premios que lanzaron desde o Concello de Vilalba. Sen dúbida, unha das mellores imaxes do festival.

A día de hoxe o festival continúa celebrando a actitude do público asistente a esta edición. Persoas con moitas ganas de gozar do FIV de Vilalba que foi posible grazas ao compromiso dos máis de 107 traballadores contratados, 23 empresas diferentes, das cales 7 foron contratos locais, máis de 20 artistas (coas súas respectivas axencias, técnicos, backliners…), ademais do apoio e implicación de institucións como o Concello de Vilalba, Deputación de Lugo e Xacobeo 21-22, tamén ás empresas que formaron parte desta última edición: Vibra Mahou, ​​a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas, que xera encontros en torno ao directo, Entrepinares, Gadis e Redbull.

0.16045188903809